CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/exito-da-mobilizacion-de-cgt-en-vigo/
Export date: Tue Jul 16 12:42:49 2024 / +0000 GMT

Exito da mobilización de CGT en Vigo


Despois de toda unha noite de piquetes centrados fundamentalmente nas empresas do telemarqueting e en Citrà¶en, a manifestación convocada por CGT en Vigo ás 12 da mañá resultou un éxito absoluto e se convirte na mobilización máis grande convocada pola Federación Local. Aínda que a prensa, "El Mundo"  nos outorga 3.000 participantes, cifras máis cercanas a realidade poden ser sobre 2.000. Hai que lembrar que esta manifestación foi convocada exclusivamente pola Federación Local de Vigo.

A mobilización foi un tanto accidentada, xa que non poido rematar onde tiña previsto (a praza da Estrela) debido a que a Subdelegación do Goberno autorizou a última hora e sen informarnos a modificación do remate da manifestación de CC.OO e UGT en principio prevista para a Porta do Sol e que finalmente rematou na praza da Estrela. Ao remate da manifestación, que finalmente foi na Porta do Sol, o secretario xeral do Sindicato de Oficios Varios de Vigo, dirixiuse aos manifestantes para lembrar que a folga xeral non é o final das mobilizacións e que CGT comezará a partir do dia 30 de setembro a planificar novas accións.

Rematada a manifestación un nutrido grupo de compañeiros/as constituise en piquete para impedir a entrada dos quebrafolgas nas quendas de tarde.
Post date: 2010-09-30 10:34:28
Post date GMT: 2010-09-30 09:34:28

Post modified date: 2010-09-30 10:34:28
Post modified date GMT: 2010-09-30 09:34:28

Export date: Tue Jul 16 12:42:49 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com