CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/exito-da-folga-e-mobilizacion-en-correos-na-provincia-da-coruna/ Export date: Wed Mar 12 7:24:41 2025 / +0000 GMT |
Éxito da folga e mobilización en Correos na provincia da Coruña![]() Mais de 300 traballadores/as de Correos manifestáronse hoxe por Compostela convocados/as pola CGT en defensa dunhas condicións de traballo dignas. Noutras vilas e cidades o seguemento foi tamén importante, pero desigual. Ferrol, 30%,Oleiros 40%, Culleredo 40%, Carballo 60%, Arteixo 50%, por citgar algunhas vilas Dende a CGT calificamos o seguemento como de rotundo éxito e instamos á dirección e aos sindicatos asinantes a retirar inmediatamente o documento "acuerdo marco", e apostar por un convenio que mellore significamente as condicións e traballo máis precarias que existen no sector público. Esta segunda xornada de folga reivindicando un convenio digno para o persoal de Correos, é a continuación da primeira das convocatorias realizada o pasado día 26 de febrero, que foi seguida de xeito moi importante na nosa comunidade, especialmente nas áreas urbanas onde os seguementos superaron amplamente o 60%. Adxuntamos fotografía da unidade principal de Santiago de Compostela coas mesas baleiras de libre uso citando a fonte. Esta serie de folgas están convocadas por CGT tras moitos anos de empeoramento do servizo público e das condicións laboráis. Só por lembrar, o convenio actual data de 2011, e desde aquela sinaturao salario do persoal diminuiu (en relación ao IPC) un 24%, as áreas de reparto medraron de forma alarmante empeorando as condicións laboráis, instauráronse as xornadas parcias de 4/5 horas para milleiros de persoas, etc… Entre o persoal agardábase que a apertura da do IV Convenio Colectivo abrise unha xanela á mellora das condicións de traballo do persoal. Mesa de negociación onde está presente o sindicato CGT, como organización representativa a nivel estatal. Durante o mes de decembro producíronse varias reunións para a negociación do devandito convenio. De forma precipitada, o día 30 Correos remitiu un documento denominado "Acordo Marco Correos e Sindicatos" onde situaba os eixos estratéxicos a seguir pola dirección os próximos anos. CGT e una ampla maioría do persoal rexeitan este acordó, tal como está a demostrar o seguemento das folgas Así mesmo, este Acordo sitúa a pretensión de Correos de implementar un plan de saídas “low cost” voluntarias incentivadas para persoas traballadoras de máis de 61 anos, pero con incentivos económicos insuficientes (un ano de salario), o que levará que os traballadores se vexan abocados a solicitar a xubilación voluntaria anticipada coa diminución que supón para a contía das súas pensións de xubilación A empresa pública (a maior de España) busca introducir todos estes cambios canto antes e, por iso, deseñou a negociación en dúas fases. Unha primeira até o 15 de marzo, momento no cal, se se produce a firma da maioría sindical, aprobaríase este Acordo Marco que modificaría o actual Convenio. Outra segunda fase desenvolveríase posteriormente -sendo o 1 de outubro deste ano a data indicada para concluír- e nela abordaríanse os temas e eixos restantes até elaborar o IV Convenio Colectivo. A CGT por medio desta folga esixe a retirada dese acordó asinado por CCOO, UXT e CSIF e chama ao persoal a loitar por un convenio digno, por una recuperación salarial suficiente e pola mellora en xeral das condicións de traballo do colectivo postal. Sección Sindical de CGT en Correos - A Coruña |
Post date: 2025-03-05 16:22:23 Post date GMT: 2025-03-05 16:22:23 Post modified date: 2025-03-05 16:22:25 Post modified date GMT: 2025-03-05 16:22:25 |
Export date: Wed Mar 12 7:24:41 2025 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |