CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/entre-tebras-hipocrisia-no-banco-santander/
Export date: Tue Jul 16 9:40:28 2024 / +0000 GMT

Entre tebras ... hipocrisía no Banco Santander


Concentra_BSantanderHai poucos días, UGT e CCOO convocaban concentracións nalgunhas das principais sucursais do Banco Santander, supostamente para enfrontar o ataque que a externalización e venta de servizos supoñen para os traballadores e traballadoras. Parecen non lembrar, aínda que nós sí, que estos ataques son froito da súa sinatura, xunto con FITC e STS, de acordos que recortaron os dereitos dos traballadores e traballadoras, deixándonos no desamparo fronte á empresa.

Esquecen que o ERE que firmaron supuxo o despedimento de centros de traballadores e traballadoras, como denunciou a CGT. Esquecen as condicións perdidas nas hipotecas, que a CGT levou aos tribunais. Esquecen a súa sinatura no acordo de fusión que tumbou o fondo asistencial. Esquecen o seu acordo co Estatuto do Delegado/a que ascendía as cúpulas sindicais.

Agora veñen a chamar á mobilización, sen tan sequera procurar a imprescindible unidade de acción e participación activa de todos os traballadores e traballadoras ... só buscan unha foto, que oculte as súas vergoñas (que non son poucas) para, nas seguintes eleccións, voltar a pedir o voto.

Hai que deter os métodos traumáticos de reduccións de planteis, hai que parar os despedimentos, hai que parar a venta fraudulenta de departamentos a empresas externas ... e para iso, para amosarlle á empresa a firmeza na defensa dos nosos dereitos, é necesaria a unidade de acción, a participación activa de todos e todas.

Sección Sindical da CGT no Grupo Santander

Post date: 2013-12-09 21:02:52
Post date GMT: 2013-12-09 20:02:52

Post modified date: 2013-12-09 21:02:52
Post modified date GMT: 2013-12-09 20:02:52

Export date: Tue Jul 16 9:40:28 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com