Traballadoras de Alfageme en Vilaxoán (antiga Conservas Peña) e a CGT se concentraron na mañán de onte, 15 de abril, diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, cara as dependencias da Consellería de Economía e o IGAPE.
Como a semana pasada, manifestaban deste xeito a súa vontade de defender os postos de traballo, a continuidade da actividade produtiva conserveira i esixir o pago dos salarios que se lles adeudan (dous meses e media paga extra de decembro).
A CGT esíxelle á Xunta de Galicia, que a través do IGAPE abalou esta desfeita, que asuma a súa responsabilidade, aposte por manter a actividade conserveira e a continuidade dos postos de traballo e por recuperar os cartos públicos comprometidos. Tamén esixe ós propietarios da empresa (novos ou vellos) a inmediata elaboración dun plan industrial conserveiro que garante os postos de traballo.
Mentras as traballadoras sostiñan as pancartas e gritaban as súas reivindicacións, a unha da tarde, recibiuse unha chamada da secretaría do IGAPE convocando á CGT a unha nova xuntanza co IGAPE para o o día seguinte, 16 de abril, as 12,30h, na sede do IGAPE en Vigo e na que estarían presentes todos os sindicatos con representación en Alfageme, CGT, CIG, CC.OO e UGT.