CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/en-defensa-das-pensions/
Export date: Tue Jul 16 11:43:45 2024 / +0000 GMT

En defensa das pensións


foto_reforma_pensionesAos estragos que está a causar o goberno do PP no mundo do traballo e nos dereitos sociais, con continuos despedimentos e a perda de dereitos económicos e laborais, destrución de servizos públicos como educación, sanidade, dependencia, transportes, vivenda,... únese agora o ataque ao sistema de pensións, con recortes de prestacións e medidas que poñen en perigo a súa subsistencia.

Ante esta situación as organizacións sindicais CUT, CNT e CGT, están a manter reunións para organizar mobilizacións conxuntas nas principais cidades de Galiza, pola consecución dun sistema de pensións que garanta a xubilación dos traballadores e traballadoras en condicións dignas.

Estes sindicatos fan un chamamento a colectivos sociais e organizacións de traballadores/as para unirse a estas mobilizacións co fin de conseguir entre todos poñer freo a esta nova agresión á clase traballadora.

CGT de Galicia

Post date: 2013-10-25 17:27:59
Post date GMT: 2013-10-25 16:27:59

Post modified date: 2013-10-25 17:27:59
Post modified date GMT: 2013-10-25 16:27:59

Export date: Tue Jul 16 11:43:45 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com