A CGT de Galicia decidiu editar, o pasado Primeiro de Maio, a coñecida obra do pensador anarquista galego Ricardo Mella, «El crimen de Chicago», na que relata os acontecementos ocurridos naquela cidade americana en maio de 1886, nos que milleiros de traballadores foron á folga en demanda da xornad de oito horas e que desembocaron na cruel represión burguesa que levou á condea a morte de cinco traballadores e á cadea a outros tres nun infame xuízo. O libro recolle tamén os dircursos dos «Mártires de Chicago» e correspondencia da época.
Ricardo Mella escribíu esta crónica en 1889 e se editou como apéndice das obras premiadas no Segundo Certame Socialista, celebrado en Barcelona en novembro daquel ano. Mella, o pensador vigués, rematou a súa reseña así:
Vamos a empezar de nuevo. Podía haberse previsto. Las señales de los tiempos eran claras y precisas. pero hay ojos que no ven y oídos que no oyen. Todavía habrá ahora quien no quiera ver ni oir. Todavía ahora habrá, hay, quien está dispuesto a nuevos crímenes. La tragedia de Chicago es un episodio repetido constantemente, que todavía se repetirá. Peor que peor.
Esta luminosa razón que tanto nos enorgullece, no vale, por lo visto, un comino.
No hay razón, hay fuerza. Así se quiere; que así sea.
O libro está dipoñible nos locais da CGT da Coruña para quen lle interese. Tamén llo faremos chegar a calquera biblioteca popular da provincia que o desexe.
Comité Local da CGT da Coruña