O Secretario Xeral da CGT Unísono Vigo Carlos Touza foi sancionado con dous días de suspensión de empleo e soldo no día de onte por baixada do rendemento do traballo según o artigo 69.6 do actual Convenio Colectivo de Telemarketing.
No departamento no que está Voz e Datos de Orange aumentaron o número de sanciones por este motivo nun total de 40 sancións nos últimos 3 meses por calidade producindo una situación de malestar e ansiedade nesta campaña e noutras onde tamén se sanciona.
A empresa como xa vos informamos anteriormente nun artigo no Loita Social e noutras noticias desta web, non entregou ó Comité e as Seccións Sindicais nin os traballadores o baremo de méritos para esta calidade nin aporta probas requeridas no expediente contradictorio para xustificar esta suposta falta grave.
Esta baixada de calidade ben motivada pola falla de formación que teñen estes axentes e que a empresa leva máis de un ano facendo caso omiso á  solicitude de cursos de reforzo que esta Sección Sindical demandou á empresa.
A empresa está levando estas sancións a delegados sindicais e axentes según eles problemáticos e queren que traballen coma robots exixíndolles unha calidade cercana ó 100%, acentuando a presión  laboral tras o día da Folga Xeral onde os piquetes informativos lograron pechar os dous centros de traballo.
Ademáis moitos destes traballadores do departamento de Voz e Datos na sua xornada laboral son frecuentes e habituais os cambios á campaña de Postventa de Orange onde tampouco se lles facilita formación de reforzo.
Nunha reunión deste sindicato coa empresa no día de onte a empresa voltou a prometer formación e esperamos que sexa esta vez certo e esta Sección Sindical insistirá na petición deste dereito laboral básico que a empresa incumpre outra vez e desvía o seu problema ós seus subordinados.
A Sección Sindical da CGT de Unísono  Vigo non vai a quedarse calada e convoca pola sanción a Touza e ó resto dos sancionados cunha concentración de delegados sindicais da CGT Unísono Vigo secundada por CIG, UGT  e CCOO-COMFIA  para o vindeiro luns pola mañá de 12 a 13 horas e pola tarde de 17 a 18 horas (Gran Vía 104- 110) e propuso que secundaran as  movilizacións a mesma hora e o mesmo día ás empresas de Telemarketing con representación sindical da CGT no estado español por medio da Coordinadora Estatal de Telemarketing.
Invitamos a toda a militancia a participar nestas movilizacións en apoio do compañeiro Carlos Touza.