Finou o día 1 de setembro de 2015, ós 64 anos
Marité, Tere… Auxiliar de Enfermería e Técnico de Laboratorio, traballou nos hospitais do Barco, Xeral-Cíes de Vigo, Abente e Lago da Coruña e CHOU de Ourense.
Militante anarcosindicalista dende 1978, o seu compromiso, o seu rigor e o seu ánimo asentaron nos sindicatos de Vigo e A Coruña. Foi Secretaria Xeral da CGT de Galicia entre 2000 e novembro de 2005.
Apaixoada viaxeira ("o afecto é moi grande, pero as ansias de voar son maiores", dicía), cooperou en Nicaragua, coa mochila ó lombo percorreu México, Cuba, República Dominicana, Guatemala, Brasil e o Uruguay, donde -en Montevideo- trabou un especial coñecemento con Luce Fabbri.
Muller libre, rebelde a calqueira atadura, exerceu ó tempo unha xenerosa solidariedade. En 2008 retornou a Ourense para coidar da súa nai.
Nestes derradeiros tres anos, dende a súa operación, ensinounos ós que tivemos a sorte, e a dor, de estar a seu carón que a morte é parte da vida e hai que enfrentala do mesmo xeito: coa profunda ledicia de ter abrazado a liberdade.
Deica sempre, Marité!