CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/de-11-a-14-anos-de-carcere-por-defender-a-universidade-publica/ Export date: Thu Nov 21 16:07:58 2024 / +0000 GMT |
De 11 a 14 anos de cárcere por defender a universidade públicaA CGT da Coruña convoca unha concentración o próximo xoves, día 20, ás 19:30 horas, diante da Subdelegación do Goberno na Coruña, polos motivos que se expoñen: En abril de 2013 realozouse unha ocupación do rectorado da Universidad Autónoma de Barcelona para esixir o cumprimento do acordo do claustro contraria a unha brutal suba do 66% das taxas e despedimento de traballador@s. Varios profsores amosaron a súa solidariedade, entre eles Ermengol Gassiot, actual Secretario Xeral da CGT de Cataluña. Neste contexto, a CGT da universidade realizou unha férrea oposición ás políticas neoliberais de recortes lideradas polo rectorado. A ex-vicerrectora Silvia Carrasco (de Iniciativa per Catalunya-Els Verts) presentou unha deuncia ante os mossos fabulando a existencia dun entramado político-estudantil-sindical con oscuros fins. Esta denuncia, respaldada polo rectorado puxo fácil á fiscalía a realización dunha brutal montaxe contra o movmento estudantil e o sindicalismo molesto. 25 estudantes, un traballador da Universidade e o Secretario Xeral da CGT de Cataluña atópanse cunha petición de penas de prisión de entre 11 e 14 anos, só equiparables a delitos de homicidio, segundo o actual Código Penal. A CGT pide a solidariedade contra eta montaxe represiva. Queren atacar a protesta, o sindicalismo que non agacha a testa e dar un escarmento ao movmento estudantil. Defender a Universidade Pública non é delicto! Liberdade para os estudantes e traballadores da UAB! @Som27iMes |
Post date: 2016-10-17 17:35:15 Post date GMT: 2016-10-17 16:35:15 Post modified date: 2016-10-17 17:35:15 Post modified date GMT: 2016-10-17 16:35:15 |
Export date: Thu Nov 21 16:07:58 2024 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |