cartel-proyecto-3A CGT da Coruña convoca unha concentración o próximo xoves, día 20, ás 19:30 horas, diante da Subdelegación do Goberno na Coruña, polos motivos que se expoñen:

En abril de 2013 realozouse unha ocupación do rectorado da Universidad Autónoma de Barcelona para esixir o cumprimento do acordo do claustro contraria a unha brutal suba do 66% das taxas e despedimento de traballador@s.

Varios profsores amosaron a súa solidariedade, entre eles Ermengol Gassiot, actual Secretario Xeral da CGT de Cataluña. Neste contexto, a CGT da universidade realizou unha férrea oposición ás políticas neoliberais de recortes lideradas polo rectorado.

A ex-vicerrectora Silvia Carrasco (de Iniciativa per Catalunya-Els Verts) presentou unha deuncia ante os mossos fabulando a existencia dun entramado político-estudantil-sindical con oscuros fins. Esta denuncia, respaldada polo rectorado puxo fácil á fiscalía a realización dunha brutal montaxe contra o movmento estudantil e o sindicalismo molesto.

25 estudantes, un traballador da Universidade e o Secretario Xeral da CGT de Cataluña atópanse cunha petición de penas de prisión de entre 11 e 14 anos, só equiparables a delitos de homicidio, segundo o actual Código Penal.

A CGT pide a solidariedade contra eta montaxe represiva. Queren atacar a protesta, o sindicalismo que non agacha a testa e dar un escarmento ao movmento estudantil.

Defender a Universidade Pública non é delicto!

Liberdade para os estudantes e traballadores da UAB!

@Som27iMes

Comparte esta entrada ...