CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/cronica-na-manifestacion-do-primeiro-de-maio/
Export date: Thu Nov 21 17:42:52 2024 / +0000 GMT

Crónica na manifestación do Primeiro de maio


????????Perto dun milleiro de persoas secundaron hoxe a manifestación convocada pola CGT, unitariamente coa CUT, STEG, SF e SE, e que tivo a saída, pouco despóis das 12:30, na praza de Pontevedra da Coruña.

A manifestación, a máis concurrida dos últimos anos malia o mal tempo, percorreu as rúas máis céntricas da cidade, estivo moi animada durante todo o seu transcurso, sendo os berros máis coreados "Obreiro despedido, patrón colgado", "Unión, acción, autoxestión", "O pobo ten dereito a pan, traballo e teito", "Violencia é non chegar a fin de mes", "A loita é o único camiño", "Queremos traballar, non mendigar"... e outras alusivas á situación actual.

????????

Ademáis da pancarta de cabeceira, houbo outras de diferentes organización e colectivos -maioritariamente implicados nas Marchas da Dignidade-; entre elas a da CGT, que rezaba "Contra a represión sindical e social".

O manifesto final foi leido por unha compañeira despedida no último ataque patronal en Atento na Coruña.

A militancia confederal reuníuse nun animado xantar de confraternización no local sindical.

CGT da Coruña

Post date: 2015-05-01 16:45:34
Post date GMT: 2015-05-01 15:45:34

Post modified date: 2015-05-02 07:20:48
Post modified date GMT: 2015-05-02 06:20:48

Export date: Thu Nov 21 17:42:52 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com