CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/cronica-do-primeiro-de-maio-na-coruna/ Export date: Mon Dec 30 16:06:07 2024 / +0000 GMT |
Crónica do Primeiro de Maio na CoruñaMáis dun milleiro de persoas manifestáronse hoxe entre a Praza de Pontevedra e a Praza do Humor, apoiando a convocatoria que fixo a CGT con outros sindicatos (CUT, STEG, SF e SE) en conmemoración do Primeiro de Maio. Baixo o lema "POLO REPARTO DA RIQUEZA E O TRABALLO, DIGNIDADE E LOITA", as rúas da Coruña enchéronse de berros, dignidade e ira contra este sistema explotador e inxusto que estamos a sufrir. Coreáronse lemas como "É indecente, xente sen casa e casas sen xente!", "Obreiro despedido, patrón colgado!", "Queremos traballar, non emigrar!", entre outros. Ao final do percorrido, o acto rematou coa lectura do manifesto unitario das organizacións convocantes. |
Post date: 2014-05-01 13:56:16 Post date GMT: 2014-05-01 12:56:16 Post modified date: 2014-05-01 13:56:16 Post modified date GMT: 2014-05-01 12:56:16 |
Export date: Mon Dec 30 16:06:07 2024 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |