CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/cronica-da-xornada-folga-do-14n-na-coruna/
Export date: Tue Jul 16 7:39:00 2024 / +0000 GMT

Crónica da Xornada Folga do 14N na Coruña


Dende as nove da noite e durante a madrugada houbo gran actividade de piquetes con presenza de traballadores da CGT recorrendo empresas e polígonos. Na empresa Zara Logística, no polígono de Sabón, un grupo de máis de douscentos traballadores se ten concentrado nas entradas coincidindo cós cambios de quenda de traballo. O seguimento da folga en Zara Logística está a ser prácticamente total en tódolas quendas. Houbo unha grande presencia policial incluindo unn helicoptero policial sobrevoando en todo momento a entrada da factoría e vixilando a presencia dos piquetes. Houbo pequenos incidentes, con algún golpe e identificacións por parte de guardia civil.

En CESPA, a empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo, un grande piquete con presencia confederal impediu a salida dos camións e a recollida da cidade quedou paralizada.

Xa pola mañá, na Administración Pública, fronte ás instalacións da Xunta de Galicia, no Edificio de Monelos, un piquete de CGT permaneceu concentrado na hora de entrada e informou aos traballadores nas puertas. O seguemento da folga nas dependencias principais da Xunta de Galicia sitúase por riba do 70%. Simultaneamente outro piquete de CGT se concentra fronte á empresa Atento do sector do telemarketing y outro se concentra no Edificio Proa, nos accesos ao polígono de Pocomaco.

No transporte, o tráfico de acceso á cidade é bastante menor que o habitual dun día de actividade laboral, ainda que houbo vehículos de transporte escolar polas rúas da cidade. Sen embargo, a estación de autobuses está totalmente paralizada. No transporte urbano, funcionan tan só os servizos mínimos. No Aeroporto de Alvedro están suspendidos todos os vos, e no transporte ferroviario, non sairá ningún tren nesta xornada de Folga.

O porto non ten nengún tipo de actividade pesqueira nin comercial. Nas empresas do sector do telemarketing, o seguemento do paro en Atento ou Eurocen, está a ser moi importante.

Agora o esforzo céntrase no comercio e a hostalería, con varios piquetes percorrendo diferentes zonas comerciais (San Agustín, Praza de Lugo, Juan Florez, Ramón y Cajal, …) da cidade. O piquete da CGT sairá da Praza de España ás 10h.

En educación, é total a Folga na Universidade sen actividade académica. En ensino non universitario, o seguemento é superior en secundaria, con presencia de piquetes de estudantes nas portas dos Institutos.

En xeral, o seguemento da xornada de folga está a ser notable en aquelas empresas e sectores con presenza de CGT.

Ás 12,30 horas partirá desde a Praza de Portugal, a manifestación convocada pola CGT da Coruña conxuntamente coa CUT e que rematará ante a Delegación do Goberno.

CGT da Coruña
Post date: 2012-11-14 09:30:44
Post date GMT: 2012-11-14 08:30:44

Post modified date: 2013-02-21 11:19:43
Post modified date GMT: 2013-02-21 10:19:43

Export date: Tue Jul 16 7:39:00 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com