Na madrugada continuou a actividade de piquetes con presenza de traballadores da CGT recorrendo o polígono de Sabón. Outro piquete de CGT está concentrado fronte á empresa Atento de telemarketing y outro se concentra agora no Edificio Proa, nos accesos ao polígono de Pocomaco.
No transporte, o tráfico de acceso á cidade é bastante menor que o habitual dun día de actividade laboral, ainda que houbo vehículos de transporte escolar polas rúas da cidade. Sen embargo, a estación de autobuses está totalmente paralizada. No transporte urbano, funcionan tan só os servizos mínimos.
O porto non ten nengún tipo de actividade pesqueira nin comercial. Non houbo actividade no servizo de recollida de lixo.
Na Administración Pública, fronte ás instalacións da Xunta de Galicia, no Edificio de Monelos, un piquete de CGT permaneceu concentrado na hora de entrada e informou aos traballadores nas puertas. O seguemento da folga nas dependencias principais da Xunta de Galicia sitúase por riba do 70%.
Nas empresas do sector do telemarketing, o seguemento do paro en Atento ou Eurocen, está a ser moi relevante, maior que na folga do pasado mes de setembro.
Agora o esforzo céntrase no comercio e a hostalería, con varios piquetes percorrendo diferentes zonas comerciais (San Agustín, Praza de Lugo, Juan Florez, Ramón y Cajal, …) da cidade.
En educación, o paro é case total na Universidade con moitos centros pechados e sen sinal algunha de actividade docente nos poucos que abriron as súas portas. En ensino non universitario, o seguemento é algo maior en secundaria que en primaria e infantil. Â
 En xeral, o seguemento da xornada de folga está a ser notable en aquelas empresas e sectores con presenza de CGT.Â
Ás 12,30 horas partirá desde a Praza de Portugal, a manifestación convocada pola CGT da Coruña conxuntamente coa CUT e que rematará ante a Delegación do Goberno.
 Estamos a realizar un seguemento constante na nosa páxina de Facebook: CGT A Coruña