CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/cronica-da-manifestacion-unitaria-contra-os-recortes-na-coruna/
Export date: Tue Jul 16 20:04:56 2024 / +0000 GMT

Crónica da manifestación unitaria contra os recortes na Coruña


Máis de 70.000 persoas percorreron hoxe as rúas da Coruña na manifestación unitaria contra os recortes. A marcha partiu da praza da Palloza pasadas as 20 horas, e logo de mais de 2 horas, aínda non rematara de chegar ao punto final da manifestación, no Obelisco, preto da subdelegación do goberno.

A CGT da Coruña reuniu un moi numeroso, activo e combativo grupo que foi animando o percorrido da manifestación, a ritmo de percursión e coreando lemas como "Fai falta xa, unha folga xeral", "Que si, que si,  que a reforma e os recortes pra Mariano e pra Botín", "Obreiro despedido, patrón colgado", "Aqui estamos, nós non pactamos", ..., xunto con membros de varias asambleias locais do 15M e outros movementos sociais coruñeses, así como centos de persoas animadas polo caracter reivindicativo e participativo do grupo anarcosindicalista.

A masiva resposta da clase traballadora ante os recortes e as reformas do goberno e o capital demostra que é preciso continuar a respostar de xeito contundente aos ataques aos que estamos sendo sometidos os traballadores e traballadoras, dende a unidade na loita e na mobilización de todas as organizacións sindicais cara a unha Folga Xeral no outono, como ven reclamando a CGT dende o pasado mes de marzo.

 
Post date: 2012-07-19 23:18:07
Post date GMT: 2012-07-19 22:18:07

Post modified date: 2012-07-19 23:23:07
Post modified date GMT: 2012-07-19 22:23:07

Export date: Tue Jul 16 20:04:56 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com