CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/cronica-da-manifestacion-das-marchas-da-dignidade-na-coruna/
Export date: Wed Dec 4 18:48:10 2024 / +0000 GMT

Crónica da manifestación das Marchas da Dignidade na Coruña


IMG-20141106-WA0002Onte, xoves 6 de novembro, perto de medio milleiro de persoas secundaron na Coruña a convocatoria da Plataforma das Marchas da Dignidade, da que fai parte a CGT de Galicia, de celebrar manifestacións nas principais cidades galegas para animar á participación na mobilización prevista para o vindeiro 29 de novembro en Compostela.

Baixo o lema "Pan, Traballo e Teito - Camiñando cara o 29N" e desafiando ao vento e á choiva, os manifestantes sairon da Praza de Portugal pouco despois das 20 horas, para percorrer as rúas máis céntricas da cidade coruñesa, con berros de "A pan, traballo e téito, o pobo ten dereito", "Violencia é non chegar a fin de mes", ... IMG-20141106-WA0010

Ao término da manifestación, no Obelisco, deuse lectura a un comunicado chamando a encher de dignidade e loita o vindeiro 29N a praza do Obradoiro en Compostela.

Comité Local da CGT da Coruña  

Post date: 2014-11-07 10:59:46
Post date GMT: 2014-11-07 09:59:46

Post modified date: 2014-11-07 11:20:31
Post modified date GMT: 2014-11-07 10:20:31

Export date: Wed Dec 4 18:48:10 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com