Onte, xoves 6 de novembro, perto de medio milleiro de persoas secundaron na Coruña a convocatoria da Plataforma das Marchas da Dignidade, da que fai parte a CGT de Galicia, de celebrar manifestacións nas principais cidades galegas para animar á participación na mobilización prevista para o vindeiro 29 de novembro en Compostela.
Baixo o lema «Pan, Traballo e Teito – Camiñando cara o 29N» e desafiando ao vento e á choiva, os manifestantes sairon da Praza de Portugal pouco despois das 20 horas, para percorrer as rúas máis céntricas da cidade coruñesa, con berros de «A pan, traballo e téito, o pobo ten dereito», «Violencia é non chegar a fin de mes», …Â
Ao término da manifestación, no Obelisco, deuse lectura a un comunicado chamando a encher de dignidade e loita o vindeiro 29N a praza do Obradoiro en Compostela.
Comité Local da CGT da Coruña Â