CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/cronica-da-manifestacion-contra-a-ditadura-do-capital-e-a-reforma-laboral-loita-obreira-e-folga-xeral/ Export date: Thu Jan 30 21:54:06 2025 / +0000 GMT |
Crónica da Manifestación "Contra a ditadura do capital e a reforma laboral, Loita obreira e Folga Xeral"Máis de 500 persoas manifestáronse o pasado venres, 24 de febreiro, polas rúas da Coruña contra da ditadura do capital e contra da reforma laboral, chamando á loita obreira e á Folga Xeral, nunha convocatoria conxunta da CGT e maila CUT. Pasadas as 19,30 saía a manifestación da praza de Portugal, percorrendo ruidosamente o centro da cidade nun ambiente combativo , para rematar diante da Delegación do Goberno, na praza de Ourense. Ao finalizar a manifestación un voceiro  deu lectura ao manifesto dos sindicatos convocantes cun chamamento a activa participación nunha Folga Xeral real, que paralice o país e que constitua cumprida resposta da clase traballadora ás agresións do capital e dos gobernos. Á manifestación adheríronse tamén o Sindicato de Traballadores da Limpeza (STL) e moitos integrantes das asambleas do 15-M local. |
Post date: 2012-02-27 10:39:50 Post date GMT: 2012-02-27 09:39:50 Post modified date: 2012-02-27 10:44:22 Post modified date GMT: 2012-02-27 09:44:22 |
Export date: Thu Jan 30 21:54:06 2025 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |