Máis de 500 persoas manifestáronse o pasado venres, 24 de febreiro, polas rúas da Coruña contra da ditadura do capital e contra da reforma laboral, chamando á loita obreira e á Folga Xeral, nunha convocatoria conxunta da CGT e maila CUT.

Pasadas as 19,30 saía a manifestación da praza de Portugal, percorrendo ruidosamente o centro da cidade nun ambiente combativo , para rematar diante da Delegación do Goberno, na praza de Ourense.

Ao finalizar a manifestación un voceiro  deu lectura ao manifesto dos sindicatos convocantes cun chamamento a activa participación nunha Folga Xeral real, que paralice o país e que constitua cumprida resposta da clase traballadora ás agresións do capital e dos gobernos.

Á manifestación adheríronse tamén o Sindicato de Traballadores da Limpeza (STL) e moitos integrantes das asambleas do 15-M local.

 

Comparte esta entrada ...