Dicía hai unhas semanas Cándido Méndez, sindicalista de pro, que non se vía "montándolle" unha Folga Xeral a Wall Street, certamente nós tampouco. Non obstante, as súas declaracións agochan a interpretación que dende as institucións políticas e sindicais se está a facer sobre a crise que azota á clase traballadora. Identifícase mecánica e interesadamente a crise económica coa crise financiera, provocada esta polos desmans das políticas ultraliberais dos iankis. Procédase pois a efectuar un reaxuste no sector financiero e a crise quedará solventada. Que fácil e que pueril. Nada que decir das medidas que o goberno ven de aprobar para "reaxustar" o sector financiero: 30.000 millóns de euros, ampliables a 50.000 para darlle liquidez aos bancos; creación dun fondo de avais de 100.000 millóns de euros para evitar posibles quebras e pago aos bancos durante dous anos (pago indirecto por medio do Estado, e polo tanto cos impostor dos traballadores e traballadoras) das hipotecas dos parados. Hai que ter claro que pasados estes 2 anos os bancos volverán a cobrar as hipotecas directamente a estes traballadores. Ante isto os sindicatos institucionais calan, todo vai ben.
Pero ao mesmo tempo esquécese a outra crise, a que non é financiera, a dos traballadores. Nos últimos anos a economía española medrou por riba do 3 % e os beneficios empresariais incrementáronse un 73 %. Este incremento baseouse fundamentalmente na depredación do medio ambiente, na flexibilización das condicións laborais e no desmantelamento paulatino dos servizos públicos. As consecuencias son evidentes: un tercio dos fogares son mileuristas ou están por debaixo de dos mil euros mensuais, os salarios perderon máis dun 5 % de poder adquisitivo, a población que vive por debaixo do umbral de pobreza chega ao 20 %… A este panorama vense a sumar, aproveitando a crise actual, o despedimento masivo de traballadores e traballadoras por parte de empresas que seguen a ter beneficios. Na nosa comarca o exemplo paradigmático é Citroen (1100 despidos nunca situación de beneficio empresarial) e o conxunto das empresas da automoción. Os EREs, practicamente descoñecidos na comarca ata hai un par de meses son agora o pan noso de cada día, e segundo informan os sornáis máis de 11.000 traballadores en Vigo están afectados por despido ou suspensión temporal de emprego. Aínda máis, se están a anunciar taxas de paro superiores ao 14 % para o primeiro trimestre do 2009 e as empresas están a adoptar posicións de forza apoiadas pola pasividade da autoridade laboral: despidos por afiliación a CGT en DEMSU, CONYCASE, GAINCA, represión sindical en FRIGALSA, suspensión de contratos en SELMARSA… Ante isto os sindicatos institucionais calan, todo vai ben.
Nesta situación pensamos que calar non é a mellor opción para os traballadores e traballadoras, que as mobilizacións en solitario, en defensa dunha sigla non son a solución, pensamos que é tempo xa de deixar de tragar o seu veneno, que é tempo de que os traballadores todos unidos comecemento a plantarlle cara ao capital.
UNIDADE E MOBILIZACIÓN: ESTE SISTEMA NON NOS SERVE
TEMOS QUE MOBILIZARNOS E ORGANIZARNOS CONTRA A CRISE DO CAPITALISMO
A CGT, como organización sindical de clase, fai un chamamento á movilización dos traballadores e da cidadanía ante a gran estafa á que estamos sendo sometidos pola banca, la patronal, o goberno e a complicidade dos sindicalismo maioritario pactista.
POR ISO, LOITAMOS:
CONTRA o emprego do diñeiro público para nacionalizar as perdas da banca e a patronal. Pola socialización dos beneficios. Polo reparto da riqueza que nos garanta a todos e a todas unha vida de calidade.
CONTRA a Directiva europea da xornada laboral das 65 horas. Polo reparto do traballo. Por unha xornada laboral que faga compatible a vida laboral, social, familiar…
CONTRA a privatización dos servizos públicos. NON á Directiva Bolkestein. NON á Directiva europea sobre Empresas de Traballo Temporal. Por uns Servizos Públicos sociais de calidade.
CONTRA a Directiva europea do retorno da inmigración. Pola libre circulación das persoas.
CONTRA unha nova reforma laboral e pacto social. CONTRA o despido libre. Pola reforma do Estatuto dos Traballadores.
CONTRA os Expedientes de Regulación de Emprego, peches, deslocalizacións, paro, carestía da vida…
CONTRA a siniestralidade laboral. Por unhas prestacións sociais para vivir con dignidade.
CONTRA a represión do sindicalismo combativo e os movementos sociais. CONTRA a represión das loitas populares no mundo. Por unha sociedade baseada na xustiza social e a liberdade.
Por un novo modelo social baseado na autogestión, a participación e a liberdade, no cal a clase traballadora e a cidadanía sexamos os protagonistas da nosa vida e o noso futuro
POR UNHA MOBILIZACIÓN SOCIAL GLOBAL CONTRA UN SISTEMA CAPITALISTA; INXUSTO; MILITARISTA; ANTIDEMOCRÁTICO E INSOSTIBLE
MOBILIZATE. MARTES 16 DE DECEMBRO ÁS 20:00 HORAS DENDE A VÍA NORTE.