CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/correos-en-folga-compre-solidariedade/
Export date: Wed Feb 26 12:42:25 2025 / +0000 GMT

Correos en folga. Cómpre solidariedade


O PERSOAL DE CORREOS ESTAMOS EN FOLGA E SOLICITAMOS A TÚA SOLIDARIDADE.
DIFUNDE ESTA INFORMACIÓN, ACUDE ÁS MOBILIZACIÓNS:

  • 26 FEBREIRO, 09:30 OFICINA PRINCIPAL DE CORREOS, FERROL
  • 26 FEBREIRO, 12:30 OBELISCO, A CORUÑA 
  • 5 MARZO, 12:00 MANIFESTACIÓN SANTIAGO DE COMPOSTELA, SAÍDA DA PRAZA ROXA. (PARA ESTA CONCENTRACIÓN CONTAREMOS CUN SERVIZO DE BUS DENDE A CORUÑA)

negociación do convenio está aberta e o persoal de Correos temos que dicir alto e claro que necesitamos mellorar as nosas condicións laborais e que nos non podemos pagar as súas crises. Os carteiros, as carteiras, o persoal de atención e de clasificación xa levamos anos sufrindo recortes duros e drásticos.

Por poñer algún exemplo, dende o ano 2011, o persoal de Correos:

  • Sufrimos a eliminación de 20000 postos de traballo
  • Perdemos case un 25% de salario real en relación ao custe da vida
  • Seguimos sufrindo descontos por enfermar
  • DobRamos e recargamos barrios todo o ano
  • Xeralizáronse ás xornadas parciais na tarde, en ATC e nos CTAs
  • Emprégase o III convenio para recortar permisos, vacacións etc.

¿Tendo en conta estes precedentes, de verdade pretenden recortar aínda máis as nosas condicións laborais? Pretenden reducir o persoal por medio de prexubilacións totalmente insuficientes, flexibilizar xornadas, facer unha bolsa de horas a libre disposición da empresa, crear xornadas de martes sábado, fomentar a tarde, mobilidades xeográficas e funcionais á carta... etc, tal como acordaron no infame “ACUERDO MARCO”. E por moito que insistan, o acordo non aclara a voluntariedade desas medidas.

¿De verdade alguén pretende afirmar que a “solución” de Correos é empeorar aínda mais as nosas condicións de traballo? ¿Recortar de novo por abaixo?

NON PODEMOS PERMITILO! E NINGUÉN NOS VAI REGALAR NADA, TOCA LOITAR!

  • POR UNHA RECUPERACIÓN SALARIAL REAL
  • POLO FIN DOS DESCONTOS POR ENFERMAR E DAS DENEGACIÓNS DE PERMISOS
  • POLA XORNADA DE 35 HORAS DE OFICIO
  • POLOS HORARIOS E TURNOS VOLUNTARIOS E ESTABLES
  • POR UN PLAN DE XUBILACIÓNS ANTICIPADAS DIGNO
  • POLA INTEGRACIÓN NO EBEP
  • POLA POSIBILIDADE DE TRASLADOS A OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
  • POLA CONVERSIÓN DAS XORNADAS PARCIAIS EN COMPLETAS
  • POR UNHAS MELLORAS CONCRETAS PARA O PERSOAL RURAL
  • ETC…

O 26 DE FEBREIRO, O 5 E O 14 DE MARZO:

TOD@S Á FOLGA POR UN FUTURO DIGNO!

Sección Sindical CGT Correos - A Coruña

Post date: 2025-02-25 16:21:04
Post date GMT: 2025-02-25 16:21:04

Post modified date: 2025-02-25 16:21:26
Post modified date GMT: 2025-02-25 16:21:26

Export date: Wed Feb 26 12:42:25 2025 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com