CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/correos-da-coruna-denuncia-da-cgt-ante-a-valedora-do-pobo-mais-de-1-000-contratos-a-dedo/
Export date: Tue Jul 16 23:45:07 2024 / +0000 GMT

[Correos da Coruña] Denuncia da CGT ante a Valedora do Pobo máis de 1.000 contratos a dedo




O pasado día 7, e aproveitando a visita do Presidente Estatal de Correos, Javier Cuesta Nuin, a Santiago de Compostela, persoal de Correos do sindicato CGT veñen de presentar unha denuncia ante a Valedora do Pobo por contratación irregular en Correos. Calculan que en ano e medio o número de contratos efectuados por Correos a persoal de fora de bolsas da contratación e sen mediar níngún tipo de proba selectiva obxectiva pode chegar aos 1000 contratos. O que supón 1 de cada 7 contratos eventuais realizados.

A denuncia ven motivada pola excesiva contratatación a persoal eventual de xeito irregular. Coa excusa de non encontrar candidatos/as nas bolsas de contratación internas Correos esta a utilizar a figura do "idóneo" para cubrir contratos eventuais e leva ano e medio formalizando contratos a persoal enchufado, e seleccionado a dedo sen mediar ningún tipo de proba de selección coñecida e transparente, tal como é a obriga de calquera organismo público. Desde CGT queremos lembrar que a última vez que Correos abriu as bolsas á cidadanía foi no 2012 (xa van 5 anos), e que se lles foi solicitado en diferentes ocasións que as abriran, para poder ter un número de persoas necesario para cubrir as ausencias, etc...

Xa no mes de outubro, e ante denuncia na inspección de Traballo da provincia da Coruña, Correos tentou argumentar que isto era debido a desaxustes organizativos puntuais, e que eran casos extraordinarios, feito que o noso sindicato puido probar que non era asi, contabilizando, nesa altura de ano 2016, mais de 600 contratos a persoal que non pasara ningún tipo de proceso selectivo transparente, sobre un total de pouco mais de 3000 contratos temporais no 2016, o que ven sendo mais do 15%, ou dito de outra maneira 1 de cada 7 contratos na provincia da Coruña neste ano foi feito a unha persoa que non pasou ningún tipo de proceso selectivo. Este feito motivou que en novembro de 2016 a inspección de Traballo da Coruña impuxera unha SANCIÓN GRAVE EN MATERIA DE CONTRATACIÓN LABORAL. Desde a CGT podemos afirmar que xa son máis de 1000 os contratos efectuados por ese irregular procedimento, xa que esta forma de contratar non diminuiu, se non que máis ben aumentou nos últimos meses, debido as necesidades de contratación de Correos para levar adiante as entregas de notificacións pola tarde.

Desde o nosos sindicato CGT esiximos en diferentes ocasións a Correos que abrise as bolsas de contratación á cidadanía, ou en todo caso, que acudise aos sistemas públicos de contratación, nunca recibindo resposta ás nosas suxerencias. Feito que tamén recolle a inspección de traballo como sancionable na súa resolución. Hoxe quixemos volver facer esta reivindicación aproveitando a visita á dirección de zona do presidente estatal, Javier Cuesta Nuin, e recordarlle que nos parece indecente que efectúe recortes no servizo postal público mentres recibe o séptimo salario público máis elevado, chegando até 178.388.18, o que nos parece unha desfachatez nunha empresa que arroxa perdidas de 32 millóns de Euros.

Desde a nosa organización esixiremos responsabilidades internas na dirección de zona, e agora comunicamos este feito á Valedora do Pobo para que estude as posibles responsabilidades que poidan ter as persoas que decidiron contratar de este xeito irregular. Queremos chegar ao fondo  de este asunto e pedir as responsabilidades pertinentes ás persoas que autorizaron a utilización de diñeiro público para contratar, e tamén  cales foron os criterios de selección que  se seguiron  para contratar a  esas persoas.

Sección Sindical da CGT de Correos na provincia da Coruña

Post date: 2017-03-09 08:16:26
Post date GMT: 2017-03-09 07:16:26

Post modified date: 2017-03-09 08:16:56
Post modified date GMT: 2017-03-09 07:16:56

Export date: Tue Jul 16 23:45:07 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com