CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/contra-os-saqueo-das-pensions/ Export date: Mon Dec 23 17:07:05 2024 / +0000 GMT |
Contra os saqueo das pensiónsA todos os traballadores, a toda a cidadanía: O goberno actual está preparando a modificación da lexislación sobre as pensións. Non contento coa reforma de pensións aprobada polo PSOE, que elevou a idade ordinaria de xubilación ata os 67 anos, o PP, alegando que o sistema non é sostible, seguindo o ditado dos poderes financeiros e dos intereses do capitalismo máis ruín e cobizoso, pretende aprobar unha reforma que supón o inicio do desmantelamento do sistema público de pensións e dará entrada, dunha forma definitiva, aos intereses privados, que pretenden facer negocio coas necesidades básicas da poboación. A reforma que pretenden, baseada en mentiras coas que nos intoxican continuamente, non só adianta a entrada en vigor do retraso na idade de xubilación, senón que, ademais, endurece os requisitos para ter dereito a unha pensión e modifica o cálculo dos importes aos que se terá dereito. Finalmente, as pensións -tamén as actuais- non se revalorizarán tendo en conta o custo da vida senón que dependerán da situación económica, é dicir, da vontade directa do goberno. A consecuencia directa será que as pensións públicas pasarán a ser de mera subsistencia e caridade nun corto prazo e os que poidan terán que recorrer aos plans privados de pensións, que están ao alcance de moi poucos. A sociedade ten a obriga de soster a aqueles que, coma os xubilados, xa aportaron o seu traballo para o benestar común e cotizaron durante moitos anos, e non se pode tolerar que se queira converter a estas persoas nunha carga para os seus parentes e amigos. Unha sociedade minimamente xusta e solidaria ten a obriga de garantir unha vida digna para aqueles que deron o seu esforzo durante a súa vida. Mentres o pobo está espremido con impostos, con baixas xerais de salarios e prestacións, con millóns de parados, con perdas de vivendas, co desmantelamento dos servizos públicos, observamos cómo a chamada democracia é un sistema de corrupción xeralizada. É hora de sacalos das súas poltronas de ouro e de recuperar o que nos están roubando desde esta democracia de pacotilla. A CGT fai un chamamento á poboación a que non se resigne, a que non acepte e loite en contra dos plans do goberno, e que reivindique unhas pensións públicas, suficientes na súa contía de xeito que garantan unha vida economicamente independente e que permitan afrontar a vida con dignidade. Â A Coruña, xullo de 2013 O día 29 de xullo, luns, ás 12:00 horas a CGT da Coruña convoca a todos os traballadores e á cidadanía en xeral a unha concentración diante do Centro de Atención e Información da Seguridade Social sito na rúa Félix Estrada Catoira esquina rúa Fernando Rey (preto da igrexa de san Pedro de Mezonzo) |
Post date: 2013-07-26 18:24:52 Post date GMT: 2013-07-26 17:24:52 Post modified date: 2013-07-28 19:59:01 Post modified date GMT: 2013-07-28 18:59:01 |
Export date: Mon Dec 23 17:07:05 2024 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |