CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/contra-o-paro-o-pensionazo-e-a-nova-reforma-laboral-%c2%a1mobilizacion/ Export date: Wed Dec 4 18:55:35 2024 / +0000 GMT |
Contra o paro, o pensionazo e a reforma laboral, ¡Mobilización!A CGT de Pontevedra convoca unha manifestación "Contra o paro, o pensionazo e a nova reforma laboral", para o día 26 de febreiro, con inicio ás 19,45h na Praza da Ferrería. O obxectivo da manifestación é denunciar e deter as ameazas do goberno dirixidas contra os traballadores e seus dereitos, mentres o número de persoas en paro pasa dos catro millóns e máis do vinte por cento da poboación vive na pobreza. Rexeitamos o intento de ampliar a idade de xubilación, o incremento de anos de cotización para o cálculo das pensións e a perda de poder adquisitivo das pensións e mesmo de tódolos traballadores. Rexeitamos a nova reforma laboral que se anuncia, pois vai no mesmo senso que todas anteriores: redución dos dereitos laborais, sociais e económicos dos traballadores, en favor dun empresariado sen escrúpulos e a dunha clase política sometida e cómplice dos intereses do capitalismo máis destrutivo. Rexeitamos a conxelación salarial xeneralizada pactada polos sindicatos CC OO e UGT, cando máis de doce millóns de traballadores e traballadoras teñen condicións de traballo precarias e salarios de miseria, que o final de ano non chegan nin siquera o salario mínimo anual. A manifestación rematará cun mitin para expor a posición da CGT fronte os feitos descritos e un chamamento a mobilización dos traballadores e traballadoras para unha Folga Xeral, máis necesaria e urxente que nunca. Comité CGT-Pontevedra |
Post date: 2010-02-11 11:03:06 Post date GMT: 2010-02-11 10:03:06 Post modified date: 2010-02-11 11:14:56 Post modified date GMT: 2010-02-11 10:14:56 |
Export date: Wed Dec 4 18:55:35 2024 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |