CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/contra-o-desmantelamento-dos-servizos-publicos-e-os-recortes/
Export date: Tue Jul 16 6:45:02 2024 / +0000 GMT

Contra o desmantelamento dos servizos públicos e os recortes


A CGT de Pontevedra, en xuntanza cos sindicatos e entidades sindicais integrantes da Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos, convoca á manifestación "Contra os recortes antisociais e o desmantelamento dos servizos públicos", que o próximo luns, día 15 de outubro, ás 20:00 horas, sairá da Praza da Ferrería de Pontevedra.
Temos que amosar a nosa protesta polos recortes antisociais dos gobernos e polo desmantelamento dos Servizos Públicos, que están afectando aos sectores máis débiles da poboación. Ao mesmo tempo, están entregando nas más privadas o que ata agora era de todos (sanidade, educación, rede ferroviaria, espazo marítimo terrestre, actividade portuaria, etc), roubándonos o que nos custou décadas acadar. A lista de agravios e danos e interminable: Nos recortan dereitos laborais e sindicais, nos baixan as prestacións do paro, fannos pagar máis polas menciñas, recortan salarios e pagas, déixannos sen vivendas… Non podemos consentir que nos sigan esquilmando e temos que paralos. E entre todos podemos.

BASTA XA DE MENTIRAS E DE RECORTES!
TODOS Á MANIFESTACIÓN O DÍA 15!

CGT-Pontevedra
Post date: 2012-10-09 20:55:11
Post date GMT: 2012-10-09 19:55:11

Post modified date: 2012-10-11 13:28:02
Post modified date GMT: 2012-10-11 12:28:02

Export date: Tue Jul 16 6:45:02 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com