O pasado domingo, 27 de novembro, a compañeira da sección sindical da CGT na Deputación de Barcelona, Lola Gutiérrez, foi encarcerada pola policía grega por axudar a un refuxiado kurdo a viaxar a Barcelona.
A compañeira declarou actuar como o fixo toda a súa vida, «por convicción política e solidariedade», un caso máis no longo historial dunha activista exemplar na loita polos dereitos sociais.
A pesar da rebaixa na petición de delito do xuíz, a policía grega ha utilizado o uso de prerrogativas especiais e mantena aínda entre reixas por considerala un «perigo para o estado». Desta forma quérese facer escarnio e humillación coa compañeira e que sirva como exemplo para outros solidarias que crean que as persoas valemos máis que as leis represoras dos estados.
Queremos mostrar o noso rexeitamento pola detención de Lola e á vez facerlle chegar nosa máis enérxica protesta por como se está alargando todo este proceso, que impide que a nosa compañeira poida volver a casa.
É por todo iso que lle pedimos que faga as xestións necesarias para que Lola Gutiérrez sexa liberada de inmediato e póñase fin a esta situación absolutamente