CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/continuan-os-despedimentos-en-atento-solidariedade-na-coruna-cos-despedidos-en-valencia/
Export date: Tue Jul 16 13:59:17 2024 / +0000 GMT

Continuán os despidos en Atento: solidariedade na Coruña cos despedidos en Valencia


O pasado 16 de agosto comunicouse o despido de 25 traballadores con contrato de obra por suposto fin do servizo "Linea de Atención Personal"-1004, que terá efecto o día 31 de agosto. A instancia de CGT, o Comité de Empresa de Atento na Coruña, como mostra de apoio e solidariedade cos compañeiros e compañeiras de Valencia, ten convocado unha concentración en protesta polos despidos o vindeiro luns, 27 de agosto, entre as 11 e as 12 horas, diante do centro de traballo (rúa de Juan Flórez, 80-82).


 

A tendencia é clara: Telefónica externalizará tódolos seus servizos de atención ao cliente cara Latinoamérica e Marrocos. Os datos da evolución do plantel na empresa reflicten o proceso de deslocalización que estamos a padecer: Atento España pasou de 14.744 traballadores (decembro 2005) a 8.838 (xullo 2007); no último ano, en Atento na Coruña pasamos de 1.314 traballadores (setembro 2006) a 843 (xullo 2007). Ademais da mentira da empresa ao alegar o fin dun servizo estatal que segue a se prestar noutras provincias como na Coruña , entre os 25 despedidos en Valencia atópanse 2 dos actuais delegados da CGT, e outros 2 o foron ata hai pouco. Unha vez mais, Atento se ceba cos delegados sindicais da CGT: primeiro foi Paula, compañeira da Coruña que ainda está na espera de que o Tribunal Constitucional recoñeza a nulidade do seu despido; logo foron varios os compañeiros de Barcelona e Madrid os que tiveron que recurrir aos xulgados para conseguiren a readmisión. Agora a represión laboral e sindical se produce en Valencia, e ao igual que nos casos anteriores, a CGT non consentirá que ningunha agresión aos seus afiliados quede sen resposta.

Mais información no blog da sección sindical da CGT en Atento Coruña 1
Links:
  1. http://atentodespide.blogspot.com
Post date: 2007-08-23 20:37:01
Post date GMT: 2007-08-23 19:37:01

Post modified date: 2007-08-25 08:34:49
Post modified date GMT: 2007-08-25 07:34:49

Export date: Tue Jul 16 13:59:17 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com