As mobilizacións contra do cuarto ERE no centro da empresa do telemarketing Sykes Entreprises na Coruña continúan coa participación da CGT.
Os traballadores e traballadoras están convocados a secundar paros o xoves, 15 Â e o mércores, 21 de marzo, nos seguintes horarios: de 11 a 12 horas e de 17 a 18 horas. Trátase de evitar unha nova perda de postos de traballo en Sykes, esixindo a Telefónica a asunción da súa responsabilidade mediante a subrogación dos afectados por este novo ERE. Os traballadores no telemarketing non somos mercancía !