CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/continua-o-proceso-contra-as-eleccions-en-citroen/
Export date: Sat Nov 23 12:34:10 2024 / +0000 GMT

Continúa o proceso contra as eleccións en Citroà«n


O pasado 28 de outubro, despois de que a Mesa, a Empresa, sindicatos institucionais e "amarillo" decidiran ignorar o laudo arbitral, CGT presentou no xulgado un requirimento para que a autoridade xudicial obrigara ao cumprimento do laudo (que ten forza de sentenza xudicial). Mentras os contrarios á legalidade dicían aos catro ventos empregando como altofalantes todos os medios de comunicación, e os taboleiros de anuncios da propia factoría, que todos eles, absolutamente todos (Empresa, Mesa, institucionais e amarillos) acataban o laudo e que este non dicía nada de anulación do proceso electoral. Pero sempre se colle antes a un metireiro que a un coxo.

Ante a ameza seria de que a autoridade xudicial procedera á anulación inmediata de todo o proceso, Citroà«n, que como todos eles, acataba o laudo, anuncia ao xuíz encargado do caso a súa intención de presentación, nos xulgados, dunha demanda contra o mesmo. Pero en que quedamos, acatan ou non? Que sucede aquí?

O que sucede é que a presentación desta demanda fai que o laudo non adquira  firmeza, e polo tanto, haxa que agardar á resolución da mesma para que proceda a súa aplicación. Parece que algúns pola factoría de Vigo están un tanto cagados. Pero non pasa nada, a anulación das eleccións en vez de producirse mañá produciranse dentro dun pouco máis de tempo. Máis nada
Post date: 2010-10-28 21:59:15
Post date GMT: 2010-10-28 20:59:15

Post modified date: 2010-10-28 22:02:37
Post modified date GMT: 2010-10-28 21:02:37

Export date: Sat Nov 23 12:34:10 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com