CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/continua-o-boicot-aos-produtos-de-panrico/
Export date: Sun Sep 1 14:15:49 2024 / +0000 GMT

Continúa o boicot aos produtos de Panrico


KARTEL PANRIKO webOs compañeiros e compañeiras de Panrico na factoría de Santa Perpetua (Barcelona) levan máis de seis meses en Folga Indefinida, defendéndose dun ERE có que se pretende despedir a unha boa parte do cadro de persoal, de xeito totalmente inxustificado ademáis de discriminatorio. O xuizo se ten celebrado o día 6 de maio, logo dun sinfín de manobras impresentables por parte da empresa e a dirección de CC.OO.

A CGT da Coruña xa tiña acordado sumarse ao boicot declarado polos traballadores de Panrico 1 aos produtos de dita empresa e facer un chamamento á cidadanía para que deixen de mercar Pan de Molde, Bollycaos, Donuts, Donettes, Grisines, etc.

Os traballadores e traballadoras seguen a precisar da solidariedade da clase obreira. Por iso continúa a campaña de boicot aos productos Panrico ata que remate o conflito. ¡A Solidariedade é a nosa forza¡

Mais información: http://www.cgt.org.es/boikot-los-productos-panrico
Links:
  1. http://www.cgtgalicia.org/2014/01/boicot-aos-produ tos-de-panrico/
Post date: 2014-05-08 16:35:58
Post date GMT: 2014-05-08 15:35:58

Post modified date: 2014-05-08 16:35:58
Post modified date GMT: 2014-05-08 15:35:58

Export date: Sun Sep 1 14:15:49 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com