CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/continua-a-loita-sindical-no-concello-de-ribadeo/
Export date: Tue Jul 16 10:33:31 2024 / +0000 GMT

Continúa a loita sindical no Concello de Ribadeo


No Concello de Ribadeo, coa chegada ao poder dunha coalición PSOE-BNG se aprobou un Convenio no que se establecen graves diferenzas entre grupos, entre traballadores, ... A Sección Sindical da CGT leva xa tempo denunciando estos feitos e loitando polos dereitos dos traballadores e traballadoras do Concello, o que derivou en casos de acoso laboral e persecución para algúns dos compañeiros mais activos.
O propio pobo do Ribadeo reaccionou cunha campaña de recollida de sinaturas que serviu para que o BNG, sendo portavoz o que hoxe é alcalde, instara a anulación do Convenio. Non bastou un só pleno, tiveron que ser dous para botalo abaixo, e pese a elo segue mantendose a inxusta discriminación salarial por resolución do anterior alcalde. ¿Que fixo o socio de goberno do BNG ante ese estado de cousas? Nada.
Agora é alcalde e a Asamblea de traballadores marcoulle un prazo para negociar que xa rematou. A súa resposta foi continuar coa mesma política de designacións "dixitais" no caso dunha secretaria. Mentres, conviven soldos de pouco mais de 3.000 euros/ano con soldos de 60.000. Un amplio abano onde uns poucos, sen mudar de funcións, tiveron subas desmesuradas.
A Sección Sindical da CGT segue a loitar e seguirá a denunciar, veñan de quen veñan, as medidas lesivas contra os traballadores e traballadoras do Concello de Ribadeo.

Mais información na web da Sección Sindical da CGT no Concello de Ribadeo 1
Links:
  1. http://usuarios.lycos.es/discriminados/index.php
Post date: 2007-09-21 17:38:22
Post date GMT: 2007-09-21 16:38:22

Post modified date: 2007-09-23 17:41:07
Post modified date GMT: 2007-09-23 16:41:07

Export date: Tue Jul 16 10:33:31 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com