No Concello de Ribadeo, coa chegada ao poder dunha coalición PSOE-BNG se aprobou un Convenio no que se establecen graves diferenzas entre grupos, entre traballadores, … A Sección Sindical da CGT leva xa tempo denunciando estos feitos e loitando polos dereitos dos traballadores e traballadoras do Concello, o que derivou en casos de acoso laboral e persecución para algúns dos compañeiros mais activos.
O propio pobo do Ribadeo reaccionou cunha campaña de recollida de sinaturas que serviu para que o BNG, sendo portavoz o que hoxe é alcalde, instara a anulación do Convenio. Non bastou un só pleno, tiveron que ser dous para botalo abaixo, e pese a elo segue mantendose a inxusta discriminación salarial por resolución do anterior alcalde. ¿Que fixo o socio de goberno do BNG ante ese estado de cousas? Nada.
Agora é alcalde e a Asamblea de traballadores marcoulle un prazo para negociar que xa rematou. A súa resposta foi continuar coa mesma política de designacións "dixitais" no caso dunha secretaria. Mentres, conviven soldos de pouco mais de 3.000 euros/ano con soldos de 60.000. Un amplio abano onde uns poucos, sen mudar de funcións, tiveron subas desmesuradas.
A Sección Sindical da CGT segue a loitar e seguirá a denunciar, veñan de quen veñan, as medidas lesivas contra os traballadores e traballadoras do Concello de Ribadeo.
Mais información na web da Sección Sindical da CGT no Concello de Ribadeo