CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/conferencia-do-historiador-dionisio-pereira/
Export date: Fri Jul 19 4:51:48 2024 / +0000 GMT

Conferencia do historiador Dionisio Pereira


Mañá, xoves, 12 de abril, terá lugar a clausura das Xornadas pola Recuperación da Memoria Histórica Libertaria, que dende o pasado 3 de abril ten organizado a Confederación Xeral do Traballo (CGT) na sé da Fundación Rodríguez Iglesias (Barrié da Maza, 20 - Paseo Marítimo).

Ás 19:30 horas terá lugar o acto que remata as xornadas, unha conferencia do coñecido historiador Dionisio Pereira, sobre "A represión contra a muller libertaria na Galiza". Se trata dun aspecto non moi tratado no eido da recuperación da memoria histórica pero que resulta de especial relevancia. A muller tivo un moi papel relevante no movemento libertario, non só no campo sindical (cigarreiras, cerilleiras, redeiras…) senón tamén con organizacións específicas como "Mujeres Libres". O papel das mulleres na resistencia ao fascismo e a brutal represión contra estas mulleres centrará pois esta conferencia.

Dionisio Pereira González é historiador, especialista no movemento obreiro en Galicia, ao que ten dedicado numerosos artigos e libros. Entre eles, "Os Conquistadores modernos: movemento obreiro na Galicia de anteguerra", "A CNT na Galicia: 1922-1936", "Sindicalistas e rebeldes: anacos da historia do movemento obreiro na Galiza", ou, "O Anarquismo na Galiza (1870-1970)", xunto a Eliseo Fernández. Ten tratado a cuestión da represión, en "Os mortos esquecidos, radiografía da represión franquista nun pequeno concello rural, o caso de Cerdedo (Pontevedra)", "O Alzamento fascista na bisbarra das Frieiras: só viñeron a matar e roubar", entre outras moitas obras. O seu labor investigador lle ten levado a sufrir intentos, mesmo por vía xudicial, de silenciamento que afortunadamente non terán éxito.

Tralo peche das Xornadas na Coruña, a Exposición "La Revolución Libertaria" continúa o seu andar pola Galiza para abrirse de novo ao público en Pontevedra, no salón de actos do edificio de sindicatos (na rúa Pasantería) o vindeiro 16 de abril.
Post date: 2007-04-11 17:09:56
Post date GMT: 2007-04-11 16:09:56

Post modified date: 2007-04-11 17:12:28
Post modified date GMT: 2007-04-11 16:12:28

Export date: Fri Jul 19 4:51:48 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com