Os traballadores e traballadoras de Atento seguen a loitar contra un ERE que supón o despedimento de máis de 800 persoas nos centros de traballo de toda España. Na Coruña trátase do despido de 49 persoas, nunha empresa que ten millonarios beneficios, reprime e maltrata aos empregados e empregadas, e mantén unhas condicións de traballo e salariais de miseria.
O persoal da Coruña está loitando contra esta situación desde hai meses e ven promovendo mobilizacións nos últimos tempos, tanto concentracións como manifestacións, paros por quendas e de 24 horas, etc.
Esta semana é crucial, porque se está a esgotar o prazo forzoso de negociación. A CGT rexeita este ERE por ser fraudulento, por facerse con argumentos falsos e sen causa ningunha. Por isto, a CGT convoca a todos os traballadores e traballadoras, e a toda a clase obreira coruñesa, a dúas concentracións diante da sede da empresa na rúa Juan Flórez da Coruña, ás 12:00 e ás 18:00 horas de mañá, día 22, martes.
O próximo xoves, día 24, a CGT convoca un paro de 24 horas para enfrontarse a esta agresión da empresa e unha manifestación que sairá ás 12:00 horas desde o cento de traballo.