A CGT concentrouse onte, ás 17:00 horas diante da porta do centro de traballo que Nortempo ten ao carón de Carrefour de Alfonso Molina, na Coruña para protestar polo despedimento, en Vigo, o pasado 7 de maio de 23 traballadoras do Hotel Bahía en Vigo.
Na concentración reclamouse a contratación, por parte de Nortempo, das compañeiras despedidas, xa que é Nortempo a adxudicataria da contrata dos servizos que prestaban as devanditas traballadoras. «Readmisión despedidas» foi o berro máis escoitado na mobilización, así como a lectura, varias veces, dun escrito onde se explican as circunstancias da situación.
Cando rematou a concentración, comunicouselle a viva voz a Nortempo que non ía ser a única visita.
Comité Local da CGT da Coruña