A Plataforma en defensa do tren da Coruña e as Mariñas, da que forma parte a CGT da Coruña, ten convocado unha Concentración para este sábado, 21 de setembro, ás 13:20 h na praza de María Pita. A plataforma chama a concentrarse por un ferrocarril público e social, e para denunciar as mentiras do plan de mobilidade e a campaña propagandística que está a desenvolver o Concello da Coruña con motivo da Semana da Mobilidade. A plataforma tamén lembra que o goberno municipal evitou apoiar calquera iniciativa a prol do tren de proximidade ou da utilización da Estación de San Diego, entre outras medidas contrarias á mobilidade sostíbel que dí agora defender.