CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/concentracion-na-coruna-contra-os-recortes-nos-servizos-publicos/ Export date: Sun Apr 13 1:31:35 2025 / +0000 GMT |
Concentración na Coruña contra os recortes nos servizos públicos.Continúan as mobilizacións impulsadas pola Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos, na que participa a CGT e que coordina a 18 organizacións sindicais e sectoriais. Así, o vindeiro xoves, 21 de febreiro, se celebrarán de xeito simultaneo concentracións nas principais cidades galegas. Na cidade da Coruña, a concentración está convocada ás 19 horas, diante do Edificio de Facenda da Xunta de Galicia que está situado na praza de Pontevedra. ![]() A CGT da Coruña chama á participación, non só de todos os empregados públicos, senón tamén de todos os traballadores e traballadoras para seguer a loitar na defensa duns servizos públicos de calidade para todos e todas. CGT A Coruña |
Post date: 2013-02-15 22:57:48 Post date GMT: 2013-02-15 21:57:48 Post modified date: 2013-02-21 11:13:44 Post modified date GMT: 2013-02-21 10:13:44 |
Export date: Sun Apr 13 1:31:35 2025 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |