O próximo día 26 de setembro, mércores, varios sindicatos, entre eles a CGT, teñen convocada unha Folga Xeral en Euskadi contra os recortes e as medidas antisociais do goberno. Os traballadores de Euskadi non queren xa seguir agardando pola decisión do sindicalismo pactista e consideran que xa non se pode esperar máis, que non pode haber nin máis dilacións nin máis distracións.
A CGT da Coruña, en coincidencia con esta data, convoca unha concentración na zona do Obelisco ás 19:30 horas, para amosar a súa solidariedade cos traballadores en loita de Euskadi e para continuar coa loita contra os recortes e as reformas antiobreiras do goberno se Mariano Rajoy. A CGT da Coruña fai un chamamento a todos os traballadores para que se mobilicen e acudan a esta concentración. O futuro depende de nós.