CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/concentracion-en-defensa-de-alfageme-e-os-postos-de-traballlo/
Export date: Thu Jul 18 14:26:12 2024 / +0000 GMT

Concentración en defensa de Alfageme e os postos de traballlo


Traballadoras de Alfageme en Vilaxoán (antiga Conservas Peña) e a CGT se concentrarán hoxe, 7 de abril, as 7,30h da tarde, diante das oficinas da empresa inmobiliaria Promalar, propietaria de Alfageme, na rúa García Barbón, en Vigo.

Manifestan deste xeito a súa vontade de defender os postos de traballo, a continuidade da actividade produtiva conserveira i esixir o pago dos salarios que se lles adeudan (dous meses e media paga extra de decembro). A CGT esíxelle á Xunta de Galicia, que a través do IGAPE abalou esta desfeita, que asuma a súa responsabilidade, aposte por manter a actividade conserveira e a continuidade dos postos de traballo e por recuperar os cartos públicos comprometidos. Tamén esixe ós propietarios da empresa (novos ou vellos) a inmediata elaboración dun plan industrial conserveiro que garante os postos de traballo.
Post date: 2010-04-07 11:24:28
Post date GMT: 2010-04-07 10:24:28

Post modified date: 2010-04-07 11:25:51
Post modified date GMT: 2010-04-07 10:25:51

Export date: Thu Jul 18 14:26:12 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com