O próximo venres, día 21, ás 11 da mañá, no Obelisco da Coruña, terá lugar unha concentración en defensa dunha CRTVG ao servizo do pobo, unha CRTVG secuestrada polo poder político que a mantén únicamente ao seu servizo particular. Por isto, e en coordinación con outras organizacións, a CGT da Coruña fai un chamamento á participación para a consecución dos seguintes obxectivos:
- Que garanta o respecto escrupuloso á obxectividade, a imparcialidade, a neutralidade, a veracidade e o pluralismo informativo, erradicando a manipulación e a cancelación de contidos e profesionais.
- Que recupere a perspectiva da realidade social, laboral, económica e cultural do país e de todo o seu tecido social, nos contidos informativos, divulgativos, educativos e de entretemento.
- A defensa e promoción da cultura galega.
- O acceso nos contidos da CRTVG de todos os colectivos sociais que conforman a realidade galega.
A CGT da Coruña convoca a toda a afiliación, simpatizantes e cidadanía en xeral para que acudan a esta concentración, preparatoria da manifestación que terá lugar en Compostela o día 06 de novembro.
Comité Local da CGT da Coruña