CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/concentracion-en-boiro-na-defensa-dun-correos-publico-e-de-calidade-e-pola-dignidade-no-traballo/
Export date: Thu Jul 18 18:22:13 2024 / +0000 GMT

Concentración en Boiro na defensa dun Correos público e de calidade, e pola dignidade no traballo




A Confederación Xeral do Traballo (CGT), xunto co resto de organizacións sindicais con presenza na Xunta de Persoal e mailo comité de Empresa de Correos na Coruña convocan a unha concentración diante da Oficina de Correos de Boiro, o vindeiro luns, 26 de xaneiro, ás 9:15 horas pola defensa dun servizo de correos público e de calidade, e pola dignidade no traballo.

A zona de Boiro ten aumentado significativamente a súa poboación, mentres que o reparto do correo sufre a escaseza dunha plantilla que non ten rexistrado un aumento paralelo, o que deriva en volumes de reparto irrealizabeis, presións aos traballadores para aumentaren a súa xornada laboral, persecucións os traballadores que non aceitan o aumento horario con acusacións de falla de rendemento, ...

Por iso, dende a CGT se demanda de Correos que as plantillas se adapten ás necesidades reais e que os compañeiros e compañeiras traballadores de Correos podan realizar o seu traballo con dignidade e que a frecuencia do reparto sexa a que marca a Lei (5 dias semanais).
Post date: 2009-01-24 10:36:42
Post date GMT: 2009-01-24 09:36:42

Post modified date: 2009-01-24 10:44:23
Post modified date GMT: 2009-01-24 09:44:23

Export date: Thu Jul 18 18:22:13 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com