Compañeiras e compañeiros: os sindicatos presentes no Comité de Empresa de Zara Logística o maior almacén de distribución do grupo INDITEX, entre os que está a CGT, decidiron convocar unha concentración diante da Mutua "La Fraternidad-Muprespa", na Avenida do Exército, número 12, da Coruña. A concentración será o venres, día 26, desde as 10 da mañá.

A protesta ven motivada polos continuos abusos e malos tratos que están a sufrir os traballadores por parte da mutua cando están enfermos: diagnósticos de que o traballador está san sen realizar ningunha proba, obrigalo a traballar enfermo, doenzas músculo-esqueléticas producidas por esforzos diagnosticadas como artroses e sen dar atención médica, citas para amedrentar estando incluso hospitalizado, faltas de respecto por manifestar que se ten dor, inventar mentiras para non pagar os desprazamentos, forzar aos traballadores a pedir baixas no médico da seguridade Social cando teñen doenzas producidas polo traballo coa escusa de que son doenzas crónicas, utilización dos partes de repouso apra evitar IT, etc.

A CGT fan un chamamento a toda a afiliación e simpatizantes para que se apoie a concentración para protestar contra La Fraternidad, por unha situación que sobrepasa todos os niveis de indignidade e abuso.

AMOSA O APOIO AOS QUE LOITAN!
TOD@S CONTRA "LA FRATERNIDAD"

Comité Local da CGT da Coruña

Comparte esta entrada ...