CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/concentracion-contra-os-despidos-e-a-represion-en-atento/
Export date: Tue Jul 16 8:55:49 2024 / +0000 GMT

Concentración contra os despidos e a represión en Atento




No que levamos de mes, Atento despediu a 15 traballadoras que prestaban servizo para o departamento de atención a empresas de Movistar. Destas, dúas eran compañeiras do centro de traballo da Coruña, outra de Bilbao e as restantes de Lleida.

Todos estes despedimentos (disciplinarios, aducindo baixo rendemento e mala fe contractual) están fundamentados en embustes que nin tan sequera tratan de disimular. Pola experiencia acumulada, somos quen de aseverar que Atento vai recoñecer a improcedencia dos despidos, que parecen ser produto dun acordo con Movistar para reorganizar parte do Servizo Pymes a costa de emprego aínda máis precario. De certo, non é que non haxa traballo: mentres que no centro da Coruña despiden a dúas compañeiras, Atento oferta dez vacantes para unha campaña de Iberdrola na que podería recolocar perfectamente as despedidas, se houbese boa vontade por parte da empresa.

Ademais, coincidindo cos despidos en Lleida, Atento sancionou a un delegado da CGT por defender ás traballadoras, co único fin de amedrentar a este sindicato e evitar que sigamos denunciando as afrontas, abusos e destrución premeditada do emprego de Atento e Movistar, que amparadas polas leis laborais fan e desfán a golpe de talonario.

Mañá sábado, día 13, a CGT ven a convocar unha concentración as 12 da mañá diante da tenda de Movistar da praza de Pontevedra para protestar polos infames despidos e esixir o cese da represión sindical e laboral.

Sección Sindical da CGT en Atento - A Coruña

Post date: 2021-03-12 12:14:45
Post date GMT: 2021-03-12 11:14:45

Post modified date: 2021-03-12 12:16:27
Post modified date GMT: 2021-03-12 11:16:27

Export date: Tue Jul 16 8:55:49 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com