CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/concentracion-contra-os-abusos-laborais-na-cafeteria-pili-redondela/
Export date: Tue Jul 16 7:34:48 2024 / +0000 GMT

Concentración contra os abusos laborais na "Cafetería Pili" (Redondela)




A patrona, propietaria da "Cafetería Pili" entre outros negocios de restauración, débelles o salario ás traballadoras desde Decembro. Catro destas traballadoras denunciaron a dramática situación laboral que sofren, sen cobrar e cansas de tantos enganos, insultos e humillacións. No SMAC, a patroa volvio a ofrecer o abono da débeda en custión de días resultando ser unha promesa máis incumprida para gañar tempo ou desmoralizar ás 4 traballadoras no seu afán de facer xustiza. Para apoiar ás traballadoras da "Cafetería Pili" realizamos unha primeira concentración diante da porta desta cafeteria - panaderia solicitando á clientela deste establecemento non consumise en solidariedade coas traballadoras.

A concentración foi un éxito e desde CGT Vigo lanzámoslle unha mensaxe clara á patrona de que se non se aviene a pagar o que debe seguiremos concentrándonos na porta. As nosas únicas armas son a razón e un megáfono co que interpelar a solidariedade da sociedade.

YouTube Video: YouTube.com/watch?v=FzQIWT0D91s 1

Links:
  1. http://www.youtube.com/watch?v=FzQIWT0D91s
Post date: 2018-06-18 16:51:30
Post date GMT: 2018-06-18 15:51:30

Post modified date: 2018-06-18 16:51:58
Post modified date GMT: 2018-06-18 15:51:58

Export date: Tue Jul 16 7:34:48 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com