CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/complicidade-sindical-para-que-navantia-incumpla-unha-sentenza/ Export date: Wed Apr 16 3:16:58 2025 / +0000 GMT |
Complicidade sindical para que Navantia incumpla unha sentenza![]() O caso da excluída por ‘exceso de madureza persoal e exceso de coñecemento profesional' Cando no outono de 2023 saíu a sentenza condenando a Navantia a convocar á excluída “para la última fase del proceso selectivo”, o comité de empresa, por unanimidade, esixiulle á dirección “incorporar sen máis dilación á demandante”, dado que a última fase é o recoñecemento médico. Cando no outono de 2024 o Supremo rexeitou o recurso de Navantia e a sentencia foi firme, o comité reiterou a súa esixencia. A día de hoxe, Navantia, diga o que diga, segue sen facer nada para cumprila. Todo o contrario: recorreu ós seus sindicatos amigos para que lle axuden a incumprila. O 20 de decembro, a empresa, MAS e CCOO asinaron unha acta propoñendo que a compañeira excluída teña que disputarse 1 praza coas 85 persoas desa convocatoria que non ingresaron en Navantia. A manobra é tan sucia como clara: queren ter unha escusa para volver a deixala fóra simulando un proceso limpo. Aquí hai unha persoa excluída ilegalmente dunha convocatoria de prazas. Os 85 candidat@s que non ingresaron remataron o proceso. Se fosen parte interesada nesta demanda, o xuíz tería ordenado que se lles codemandase (como fixo coas 42 persoas que si ingresaron). Por tanto, o que hai que determinar agora é se unha das 42 prazas de dita convocatoria debeu ser para a excluída. E se a resposta é si, Navantia ten que enviala a recoñecemento médico e, de superalo, contratala. A propia acta é unha proba desta sucia manobra:
O obxectivo é evidente: excluíron á CGT da acta para enviarlle a súa indecente propostaó xuíz como un acordo entre empresa e comité, a fin de aumentar as posibilidades de que o xuíz a tome en consideración. O argumento para excluírnos da actaé que a CGTnon está na comisión de Formación. É un argumento falaz e espurio porque unha cousa é a comisión de Formación (unha comisión interna do comité) e outra a comisión de Emprego (unha comisión mixta empresa-sindicatos), como demostran as actas desta comisión de Emprego desde que se creou en 2019, actas nas que:
A pregunta do millón é esta: A que pode deberse que uns sindicatos que en outubro do 23 e outubro do 24 lle esixiron á empresa que enviase á excluída ó recoñecemento médico desen, dous meses máis tarde, un xiro copernicano e participen agora en toda esta argallada? Ocórrensenos tres posibles respostas:
A CGT esixe á dirección de Navantia e ós seus sindicatos amigos que se deixen de manobras sucias e cumpran a sentenza. Sección Sindical Unitaria - CGT Navantia |
Post date: 2025-02-04 16:44:01 Post date GMT: 2025-02-04 16:44:01 Post modified date: 2025-02-04 16:44:02 Post modified date GMT: 2025-02-04 16:44:02 |
Export date: Wed Apr 16 3:16:58 2025 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |