CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/charla-anti-militarista-no-local-do-s-o-v-da-c-g-t-de-vigo/
Export date: Tue Jul 16 9:39:54 2024 / +0000 GMT

Charla Anti-militarista en Vigo


O vindeiro xoves día 10 de xuño ás 20:00 do serán habera unha charla antimilitarista no local da C.G.T. de Vigo, charla enmarcada dentro da campaña pola Obxección Fiscal 2010. Será impartida por un membro do Espazo Aberto Antimilitar.

A OFGM (Obxección Fiscal aos Gastos Militares) é a non disposición a colaborar cun dos peores xeitos cos que o capitalismo se estende a nivel mundial: co militarismo e as guerras, aínda que estas sexan maquilladas últimamente como "intervencións humanitarias" ou "guerras contra o terrorismo".





Coa OFGM estamos desobedecendo activamente ao gasto militar no momento de realizar a declaración da renda (IRPF). A nivel puramente técnico, consistiría en deducir dos nosos impostos a parte que se destinaría a fins militaristas.

Post date: 2010-06-01 16:42:38
Post date GMT: 2010-06-01 15:42:38

Post modified date: 2010-06-05 02:51:04
Post modified date GMT: 2010-06-05 01:51:04

Export date: Tue Jul 16 9:39:54 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com