A Asociación pola Defensa da Ría (APDR) de Pontevedra convoca para o próximo día 5 de xuño a Marcha anual contra Celulosas, baixo o lema ‘Pola recuperación da ría e a creación de postos de traballo, Ence fora da Ría". A CGT de Pontevedra, tal como ven facendo dende a primeira Marcha, fai un chamamento ós seus afiliados para que participe tamén nesta ocasión. O lema propio da CGT e: «O traballo crea riqueza. O capitalismo salvaxe a destrúe. En defensa do traballo e o disfrute social da riqueza. ENCE FORA DA RÍA»
A CGT de Pontevedra se manifesta en defensa do traballo saudable, socialmente útil, realizado en condicións económicas, laborais, sociais e sanitarias dignas. Os postos de traballo que cumpran esas condicións mínimas son os postos de traballo que defendemos e reivindicamos. Na medida das nosas forzas, nin sometémonos nin toleramos outras ‘ofertas" de traballo con salarios infames, xornadas abusivas, ritmos insufribles, ambientes insáns, entornes insalubres, siniestralidade laboral elevada, ou que provocan danos irreparables ó medio ambiente, causando danos a saúde e ó benestar non só dos traballadores, senón tamén dos veciños.
En Pontevedra a poboación está sendo sometida a un chantaxe particular por parte dos propietarios de ENCE. Esa coacción no é outra cosa que o sempiterno intento criminal do capitalismo de someter a vontade de todos ó interese económico e privado de uns poucos.
A construción do complexo industrial de Celulosas sobre o valiosísimo banco marisqueiro de Lourizán impuxo a perda de innumerables postos de traballo e a destrución da ría. ENCE contamina, emite á atmosfera gases pestilentes e nocivos, verte produtos químicos tóxicos á ría, atenta permanentemente contra a saúde dos traballadores, súas familias e veciños de toda a Ría, destrúe delictivamente a riqueza marisqueira e pesqueira, empobrece o monte galego e asfixia económica e socialmente unha inmensa área, de grandes posibilidades. Finalmente, destrúe postos de traballo, por máis que ó acto mesmo de destruír ocupe sempre a algunhas persoas.
A CGT alenta aos traballadores pontevedreses para dicir xuntos, alto e claro, que non toleraremos que a Ría -a casa natural que compartimos con nosos fillos, veciños e amigos- e que o froito do noso traballo continúen a ser privatizados e contaminados pola presenza de ENCE. Ó contrario, como traballadores esiximos que a riqueza social que construímos co noso esforzo sirve para o disfrute e benestar colectivos, xamais para o privilexio duns poucos, xamais para o dano da comunidade, de Pontevedra.
Comité Local de CGT-Pontevedra