O próximo día 8, martes, a CGT fará unha manifestación que sairá ás 20:00 horas da Praza da Peregrina, contra a política económica do goberno e o anuncio dunha nova reforma laboral dirixida, unha vez máis, contra dos traballadores e os grupos sociais máis desfavorecidos e en beneficio do capitalismo máis noxento.

A CGT de Pontevedra convoca esta manifestación dentro da Xornada de Loita convocada pola organización confederal para protestar polas medidas e recortes antisociais do goberno, así como do anuncio dunha nova reforma laboral que recaerá, como todas as anteriores sobre os traballadores e as clases máis desfavorecidas da sociedade.

Para este sindicato, a convocatoria dunha Folga Xeral é imprescindible para variar o rumbo destas decisión e para que se faga recaer o peso da crise sobre os directos responsables da mesma.

Comparte esta entrada ...