CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/cgt-pontevedra-homenaxe-ao-doctor-luis-montes/ Export date: Mon Dec 23 0:36:31 2024 / +0000 GMT |
CGT Pontevedra: Homenaxe ao doctor Luis MontesOrganizado pola CGT - Pontevedra tivo lugar este martes, 5 xuño, ás 20,00h, na Sala VerSus de Pontevedra o "Homenaxe ao doctor Luis Montes", médico, recentemente falecido, admirado defensor da sanidade pública, loitador contra as privatizacións e recortes e dende 2009 ata a súa morte Presidente federal da asociación "Derecho a Morir Dignamente". Luis Montes (Villarino de los Aires, 1949 - Madrid, 2018) foi acosado e perseguido inxustamente polas autoridades políticas e político-sanitarias da Comunidade de Madrid. O acto foi seguido por un numeroso público que desbordou a capacidade da propia Sala polo que tiveron que abrirse as portas para que todos os asistentes poidesen seguir de pé as intervencións dos ponentes: Ascensión Cambrón, Presidenta de "Derecho a Morir Dignamente" (DMD) - Galicia, Victor Pedreira, Psiquiatra, ex-xefe do Servizo de Psiquiatría en Pontevedra e Rodrigo Vázquez, representante da CGT e socio de DMD Comité Local CGT Pontevedra |
Post date: 2018-06-06 18:26:43 Post date GMT: 2018-06-06 17:26:43 Post modified date: 2018-06-06 18:28:29 Post modified date GMT: 2018-06-06 17:28:29 |
Export date: Mon Dec 23 0:36:31 2024 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |