CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/cgt-pontevedra-7-abril-defensa-da-sanidade-publica/
Export date: Tue Jul 16 13:57:51 2024 / +0000 GMT

CGT Pontevedra, 7 abril: Defensa da Sanidade Pública




A CGT chama á sua afiliación, amigos e simpatizantes, así como á toda sociedade traballadora e cidadania de Pontevedra a participar na mobilización convocada inicialmente pola Coordinadora Estatal da Marea Branca e a Marea Branca de Pontevedra, xunto con outras organización -entre elas, a CGT- colectivos e activistas sociais de Pontevedra, para este venres, 7 de abril, Día Mundial da Saúde, ás 20:00 horas, na Praza da Peregrina.

O obxectivo da Concentración é denunciar públicamente o desmantelamento progresivo que sofre o noso Sistema Nacional de Saúde e a gravísima degradación que afecta a Sanidade Pública en todos os territorios do Estado, feito que afecta de modo máis acusado ós colectivos máis desfavorecidos e excluídos da sociedade.

Convocamos ista nova mobilización en Pontevedra en defensa da Sanidade pública orque entendemos que ista situación crítica pode ser revertida e aínda estamos a tempo de reflotar e fortalecer este servizo público esencial, evitando provocar dor e sufrimento ás e ós doentes.

Reclamamos a derrogación das leis 15/1997 de novas formas de xestión da sanidade, a 16/2012 de medidas de sostenibilidade do sistema, que non recoñece o acceso universal á sanidade pública, o artigo 135 da Constitución que pon a débeda por diante das necesidades básicas da cidadanía e o artigo 90 da lei Xeral de Sanidade de 1986 que posibilita a concertación con centros privados que especulan coa nosa saúde.

Recortes, situación precaria dos traballadores e traballadoras interinas, peche de camas e centros sanitarios públicos, incrementos nas listas de espera e na aportación do usuarios ó medicamentos, colapsos nas urxencias, … sobran os motivos para a mobilización da cidadanía na defensa dunha sanidade pública, universal, gratuita no momento da prestación e de calidade.

¡¡ Que non, que non, a Sanidade pública non se vende!! ¡¡ Que sí, que sí, a Sanidade pública deféndese!!

Comité Local da CGT de Pontevedra
Post date: 2017-04-05 13:11:16
Post date GMT: 2017-04-05 12:11:16

Post modified date: 2017-04-12 17:35:45
Post modified date GMT: 2017-04-12 16:35:45

Export date: Tue Jul 16 13:57:51 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com